• SEUL

    SEUL

    25-28 OUTUBRO, 2017
    FOUR SEASONS HOTEL SEUL, KOREA DO SUR

  • MUMBAI

    MUMBAI

    30 NOV - 3 DEC, 2017
    THE TAJ MAHAL PALACE, MUMBAI, INDIA

  • ZURIC

    ZURIH

    ZURIC, 6 FEBREIRO, 2018
    BANANA CITY HOTEL, WINTERTHUR, SUIZA

  • COPENAGUE

    COPENAGUE

    COPENAGUE, 18-20 MARZO, 2018
    @ FOODEXPO FAIR

  • DÜSSELDORF

    DÜSSELDORF

    22 MAIO, 2018

  • NOVA IORK

    NOVA IORK

    NOVA IORK, XUÑO 24-26, 2018
    @ FANCY FOOD SHOW

  • SEUL

    SEUL

    25-28 OUTUBRO, 2017
    FOUR SEASONS HOTEL SEUL, KOREA DO SUR

  • MUMBAI

    MUMBAI

    30 NOV - 3 DEC, 2017
    THE TAJ MAHAL PALACE, MUMBAI, INDIA

  • ZURICH

    ZURIC

    ZURIC, 6 FEBREIRO, 2018
    BANANA CITY HOTEL, WINTERTHUR, SUIZA

  • COPENAGUE

    COPENAGUE

    COPENAGUE, 18-20 MARZO, 2018
    @ FOODEXPO FAIR

  • DÜSSELDORF

    DÜSSELDORF

    22 MAIO, 2018

  • NOVA IORK

    NOVA IORK

    NOVA IORK, XUÑO 24-26, 2018
    @ FANCY FOOD SHOW

ANGEL SEQUEIROS

ÁNGEL SEQUEIROS – viño

ANGEL SEQUEIROS é unha adega galega, pequena e familiar, ubicada en O CONDADO (unha das zonas da D.O. RIAS BAIXAS), ao sur de GALICIA, a tiro de pedra do río Miño que fai fronteira con Portugal. É ALBARIÑO… PERO NON COMO SE ESPERA Creemos que o albariño ten, grazas a súa acidez, grao e aromas, un desaproveitado potencial de garda e evolución en botella. Así, xurdiu a idea de facer un albariño de calidade a semellanza dos grandes blancos franceses e alemáns. Só tiñamos unha premisa: non facer o que fan os demais, non facer outro blanco novo de consumo frío e rápido, como se fose un refresco. Pensando como facer un albariño diferente, máis complexo, cun perfil de cata máis amplo que maridase cunha maior variedade de comidas, volvemos a vista ao pasado, a un tempo anterior ao aceiro inoxidable, a cando os nosos avós usaban a madeira. Reivindicando a personalidade por enriba das tendencias, e como resultado de mimar a viña e combinar tradición e enoloxía moderna, naceron os nosos viños ANGEL SEQUEIROS, ALBARIÑO FOUDRE, e ANGEL SEQUEIROS, ALBARIÑO LIAS. Estamos convencidos que resultan máis ricos e máis complexos, incorporando notas cremosas e un longo final, ao tempo que manteñen a identidade da froita.

BENBOA – receitas delicatessen

BENBOA – receitas delicatessen

Benboa é unha pequena empresa galega situada nun entorno privilexiado, no corazón dun parque natural en plena ría de Arousa e emplazada no que antiguamente fora unha fábrica de salazón no pobo mariñeiro de Corrubedo.
Un espacio rehabilitado no que atopar un viveiro de mariscos, un mercado de abastos tradicional, unha taberna restaurante donde saborear o mellor do noso mar e un pequeno obrador de conservas e pratos preparados.
Pasteles de marisco, polbo, arroces ou prebes que benboa elabora de forma completamente artesanal cos mellores peixes e mariscos procedentes da frota sustentable e descargados a diario nas lonxas galegas, utilizando ingredientes 100% naturais e da máxima frescura. Produtos cun mínimo procesado, sinxelos e saudables, de moi fácil preparación e cun elevado valor gastronómico.

BODEGAS CAMPANTE – viño

BODEGAS CAMPANTE – viño

Dende Grupo Reboreda Morgadío e a través dos nosos viños, cremos e queremos condensar as excelencias, de natural patentes, nas nosas fértiles terras galegas.
Bodegas Campante, cunha historia de máis de 75 años, Finca Reboreda. Puga, Toén, Ourense é pioneira na D.O. …e ao igual que os grandes viños, permaneceu sempre fiel á súa esencia: ofrecer o mejor do Ribeiro.

BODEGAS TOMADA DE CASTRO – viño

BODEGAS TOMADA DE CASTRO – viño

Tomada de Castro nace en Ribadumia no ano 1998, en pleno corazón do Val do Salnés, unha zona privilixiada para a elaboración do viño Albariño.
A familia Castro conta cunha ampla tradición vitivinicola de máis dun século elaborando viños, por iso a nosa filosofia é a de facer un coidadoso seguimento na selección das nosas uvas, mantendo unha elaboración o máis tradicional e natural posible e coa tecnoloxia máis avanzada para que os nosos viños acaden a mellor calidade. Viños coa máxima calidade e expresión que transmitan o "terroir" do que proceden.

CABANA DAS BOLBORETAS – viño

CABANA DAS BOLBORETAS – viño

CABANA DaS BOLBORETAS é o resultado de varias xeracións de viticultores poñendo todo o seu empeño e dedicación no coidado da viña con gran respecto polo medio natural.
Tomándonos as cousas con calma esperando día a día a que a uva alcanzase o grao de maduración óptimo para iniciar a súa recolección, sempre de forma manual, coidando que cada acio seleccionado cumprise coas condicións sanitarias e de maduración máximas.
Contamos cunhas instalacións equipadas con medios técnicos de última xeración para a elaboración e conservación do viño. Tratamos de poñer en valor a uva cultivada pola nosa familia en viñedos de máis de 30 anos con cepas mesmo centenarias nalgún deles. Nunha situación privilexiada a 20 km do océano atlántico cun clima e composición do chan particulares das Rías Baixas galegas. Estas condicións únicas unidas ao coidado durante todo o proceso de elaboración fan que se vexan reflectidas nas características dos nosos viños.

CAFÉS CANDELAS – café sublime

CAFÉS CANDELAS – café sublime

O tempo do café chegou a ser un momento especial con carácter propio. Un lugar no tempo onde todos podemos apreciar a esencia dunha fermentación que transmite intensidade a todos os sentidos.

CARACOLES DELUQUE – caracois

CARACOLES DELUQUE – caracois

Caracoles Deluque é una empresa familiar localizada nun lugar privilexiado para a cría do caracol polas favorables condicións de humidade, choiva e vexatación. Adicámonos ao envasado do caracol cocido en euga e sal, sen aditivos nin conservantes. Unha carne pobre en graxas, rica en proteínas de alto valor violóxico e minerais. Un produto elaborado artesanalmente onde se selecciona un caracol de calidade, que conserva todo o seu sabor e as súas propiedades. Ideal para comer caracol en calquera época do ano.

CASA MONTE PÍO – viño<

CASA MONTE PÍO – viño

Casa Monte Pío é unha adega familiar pertencente á Denominación de Orixe Rías Baixas, situada no municipio de Ribadumia, dentro da subzona Val do Salnés. Constituída en 1979, é a materialización dunha actividade mantida por tantas xeracións como temos memoria, unidas polo empeño en sacar o máximo partido ás nosas cepas, apostando polo traballo na viña e respectando o "terroir".
Conscientes de que o segredo dun bo caldo está no chan, en sacar o máximo partido ás nosas variedades autóctonas e en obter as mellores uvas, en cada colleita interpretamos a viña dunha forma distinta, considerando a cada cepa como un individuo e á terra como un ser vivo.

COLLEITEIROS DO RIBEIRO – viños

COLLEITEIROS DO RIBEIRO – viños

Un colleteiro, tamén coñecido como adega de colleiteiro, refírese a un tipo concreto de adegade Galicia, a cal se caracteriza por elaborar menos de 60.000 litros de viño ao ano, a partir de uva de colleita propia. O colleiteiro, figura tradicional do rural galego, foi evolucionado á hora de elaborar os seus viños, mantendo viva a tradición, á vez que a combina coas ultímas tecnoloxías en elaboración de viños. Na maioría das adegas de colleiteiro, é o propio dono da Adega quen se encarga de todo o ciclo de produción, dende o coidado da viña, pasando pola elaboración do viño ata o seu posterior embotellado para a súa comercialización. No mundo do viño encontramos figuras similares á dos colleiteiros como poden ser o concepto de Terroir ou o de Viños de Autor.

CONNORSA – conservas de gran calidade

CONNORSA – conservas de gran calidade

En Conservas del Noroeste SA, CONNORSA, decidimos, dende o inicio, que a conservación é a mellor forma de preservar as riquezas do mar, e seguimos a facelo con toda a calidade que nos distingue. En Connorsa conservamos a mar.

COREN – 6.000 familias coidando da súa – xamón

COREN – 6.000 familias coidando da súa – xamón

Logo de máis de 50 anos de experiencia na procura da Calidade, Coren é hoxe un líder ademais da meirande agrocooperativa no mercado alimentario español. Mantemos o control en todas as etapas da produción a través dun sistema de integración vertical (alimentación, crianza, engorde, transporte, sacrificio, empaque e distribución do produto terminado).
A excelente carne dos nosos porcos alimentados con castañas resulta nos nosos xamóns SELECTA, curados durante 18 meses en condicións que reproducen ao xeito tradicional de curación nas granxas galegas. Unha auténtica exquisitez. O noso paté ibérico é feito a partir dos mellores porcos ibéricos, o que lle dá un prezado sabor.

HGA BODEGAS DE ALTURA – viño

HGA BODEGAS DE ALTURA – viño

HGA BODEGAS Y Viñedos DE ALTURA nace en 2003 co obxectivo de producir e vender os mellores viños de altura procedentes das mellores zonas de Galicia, e que están preto do Ceo. Como empresa familiar, contamos con máis de 100ha da propia viña nas subzonas de Rosal, Val do Salnés e Ribeira Sacra. Comezamos a exportar hai 4 anos e hoxe estamos presentes en 25 países con aproximadamente 53 importadores.
Dentro do grupo HGA Bodegas temos 2 bodegas. Dentro de Rías Baixas - temos o maior viñedo da D.O. con 100ha de viñedo de uva de Albariño. A adega é BODEGAS ALTOS DE Torona./p>

A segunda viña está na D.O. Ribeira Sacra - BODEGAS REGINA viarum - É unha rexión que é famosa desde o tempo dos romanos que xa facían viño naquel entón. Producimos viños de uva Mencía e tamén temos unha produción limitada de Godello da mesma rexión.

HORSAL COOPERATIVA – Pemento Padrón

HORSAL COOPERATIVA – Pemento Padrón

Unha cooperativa de pequenos horticultores orientada "á túa alimentación saudable". En todas as fases dende a planificación dos cultivos ata a posta a disposición dos nosos produtos polo consumidor. Coidamos meticulosamente todos os procesos e procedementos: seguimento dos cultivos, organización do momento óptimo de recolección, manipulación e envasado na nosa central, para ofrecerche un produto da maior seguridade, frescura, sabor e sustentabilidade tanto social como ambiental.
O pemento Padrón é o produto estrela da cooperativa. Producimos estes pementos con semente autóctona, seleccionada por nós mesmos, nunha tradición que arrinca no século XVII, cando os monxes franciscanos do convento de Herbón (Padrón) trouxeron estas sementes das Américas, estendéndose logo por toda a área da Ría de Arousa. O uso desta semente tradicional fronte ás actuais variedades comerciais permítenos manter niveis variables de capsicina, a substancia que provoca o tradicional picor… “uns pican, outros non”.

MAGUS - San Simón Da Costa

MAGUS - San Simón Da Costa

Para saber a orixe do queixo temos que volver aos tempos das cidades castrexas que habitaban as montañas de Carba e Xistral. Na Idade Media, a importancia deste queixo estaba no seu gran valor, que foi utilizado como forma de pago de foros e décimos.
O seu distintivo sabor afumado tornouse na súa marca rexistrada, grazas á madeira que se utiliza a partir da árbore común da área: o bidueiro.
O queixo San Simón que sae do taller, elaborado coa súa receita tradicional, conseguiu ser recoñecido como un queixo de alta calidade en Galicia e máis aló das nosas fronteiras. O seu sabor e textura triunfa nos mercados aos que chega.

MONTEPICATO – embutidos

MONTEPICATO – embutidos

Embutidos Montepicato naceu como unha empresa familiar de embutidos e produtos salgados, e conseguiu ser fiel aos costumes e métodos de produción das formas tradicionais. O que naceu primeiro como unha fábrica tradicional de chourizos, é hoxe en día unha instalación moderna que utiliza tecnoloxía sofisticada para garantir a calidade dos seus produtos. Todo isto mentres aínda está a usar os mesmos métodos artesanais que fixeron os embutidos de Galicia famoso: unha selección rigorosa das materias primas e un proceso de fumarar que utiliza madeira natural. A honestidade coa que os produtos son presentados ao consumidor final fixeron da cociña galega un sinónimo de pureza. Este é un dos obxectivos e razóns de Embutidos Montepicato en toda a súa ampla gama de produtos: chorizón, salchichón, lombo, xamón, touciño, carne de porco ou produtos salgados.

CONSERVERA GALLEGA – conservas de gran calidade

CONSERVERA GALLEGA – conservas de gran calidade

Desde 1904, Conservera Gallega. S.A., é unha empresa familiar cuxo obxectivo é ofrecer un produto de alta calidade destinado aos mellores establecementos de alimentación; a selección da mellor materia prima nas lonxas galegas e o artesanal proceso de elaboración permítenos ofrecer un produto de alta calidade.
Desde o mesmo instante en que abrimos unha lata de Paco Lafuente atopámonos cun produto cuxa presentación e calidade satisfai o padal máis esixente.

PACO & LOLA – viño

PACO & LOLA – viño

Paco & Lola é unha adega fundada no ano 2005 por iniciativa dun grupo de viticultores e produtores de viño da bisbarra do Salnés, que decidiron profesionalizar a súa produción. Esta cooperativa denomínase “Sociedade Cooperativa Vitivinícola Arousana” e actualmente está constituída por máis de 400 socios, sendo a cooperativa máis importante por número de socios da D.O. Rías Baixas.
A adega conta con 200 hectáreas de viñedo propio repartidas en máis de 1800 parcelas, características do minifundio galego e localizadas na súa totalidade na subzona do “Val do Salnés”.

PAZO DE VALDOMIÑO - licores

PAZO DE VALDOMIÑO - licores

A nosa liña de produtos Pazo de Valdomiño Premium sitúase na gama máis alta de destilados debido non só á súa gran calidade, senón tamén ao seu innovador deseño, exclusivo e personalizado.
Na produción máis artesanal e tradicional añádese o novedoso proceso de desmetilación. O resultado é un augardente limpo e claro, de maior complexidade e fineza aromática debido á súa destilación triple.
A coidadosa selección de materias primas, calidade e deseño son mesturados para crear unha ampla gama de produtos que nunca pasan desapercibidos ao padal e visión dos amantes destilados tradicionais.

PAZO DE VIEITE – viño

PAZO DE VIEITE – viño

Os monxes do Mosteiro de San Clodio en Leiro, no século XI posuían extensas propiedades, a maior parte delas adicadas ao cultivo da vide, construíndo o Priorado de Vieite (antiga Vila Benedito) rodeado tamén de cepas traídas do val do Rhin.
No ano 1990 o avogado Lorenzo Rolando de Francisco, adquirío o Priorado de Vieite cos seus viñedos, plantando cepas fundamentalmente da variedade Treixadura. Cerca do Priorado inaugurou no ano 2006 a adega Pazo de Vieite, S.L. que consta dunha elevada tecnoloxía, onde se elaboran os viños brancos de Ribeiro “Farnadas” e “1932 de pazo vieite”.

PAZO PEGULLAL – viño e aceite

PAZO PEGULLAL – viño e aceite

Os viñedos de Pazo Pegullal atópanse en Salceda de Caselas (Pontevedra) rodeando o Pazo do mesmo nome, construído no século XVIII. Unha das caracteristicas que diferencian o noso viño son os seus aromas que proveñen dos kiwis que tamén cultivamos na mesma finca. Coidamos as nosas uvas todo o ano e recollemos os mellores racimos a man para obter un Albariño moi untuoso, e cunha sutileza de acidez. A ubicación do viñedo, nunha soleada ladeira, fai que a uva madure uniformemente sen perder ningún dos seus aromas.
A plantación de olivares en extensivo de El Olivar d'Pegullal está situada no Concello de Tomiño e ten unha extensión de 7 hectáreas de once anos de antigüidade de variedade arbequina. É das poucas plantacións de olivo que hai en Galicia, e dela obtense un aceite moi denso con aromas a herbas frescas, plátano e mazá, sen ter matices picantes. Con almazara propia, situada no Pazo Pegullal, o noso aceite obtense da primeira presión en frío por medio dun método tradicional.

QUINTA COUSELO – viño

QUINTA COUSELO – viño

Quinta de Couselo e unha heredad vinculada o monasterio cistersiense de Santa María de Oia, no que se elaboran viños desde 1864. Pertence a subzona do Rosal, situada o sur da DO Rías Baixas. Posee oito hectáreas de viñedo. Os seus viños se elaboran principalmente coa variedade Albariño, combinada de forma tradicional coa Loureira e o Caíño blanco.

ROANDI. – viño

ROANDI. – viño

Bodega Roandi, agora representa a cuarta xeración de viticultores en Familia Moral, que con gran mimo coidou viñas que foron pasando de pais a fillos, sen perder o amor pola terra e polo traballo ben feito ao longo do tempo. Bodega Roandi comezou a súa andadura en 2008, entrando na D.O. Valdeorras, e elaborando a súa primeira colleita en 2009, con dúas marcas únicas no mercado, un branco monovarietal godello branco e un tinto roble.
Actualmente elaboramos viños brancos e tintos con alta aceptación no mercado, buscando a innovación, sendo, por exemplo, a primeira adega en producir un Viño Espumoso Rosado en Galicia feito con variedades autóctonas galegas.

SEÑORÍO DE RUBIÓS – viño

SEÑORÍO DE RUBIÓS – viño

O río Miño percorre as viñas de Señorío de Rubiós, neste rincón do sur de Galicia. A adega elabora viños brancos, tintos e escumosos ó amparo da Denominación de Orixe Rías Baixas, tratando sempre de combinar os valores e as técnicas tradicionais coas modernas, na elaboración do viño. Xunto coa innovación prevalece o respeto pola esencia do viño da zona e o seu sabor natural, que so pode acadarse cun esmerado coidado das suas viñas.

SINGULAR GALICIAN CELLARS – viños

SINGULAR GALICIAN CELLARS – viños

Singular é unha asociación de varias adegas familiares pequenas, onde a calidade prima por riba de calquera cousa, pero que por esa calidade de producións exclusivas fan que a exportación se convirta nun escollo complicado de solventar por diversos motivos, aínda que o económico é un dos principais.
Facendo nosa a frase de “a unión fai a forza”, asociámonos para así poder chegar a mercados que por nós sos non dariamos. Desta idea nace Singular e despois de catro anos o proxecto, está a medrar con novas adegas que , coa mesma filosofía, chegan a máis mercados para poder así ofrecer viños distintos e diferentes, difíciles de conseguir por ser adegas pequenas e descoñecidas.

TERNERA GALLEGA – carne

TERNERA GALLEGA – carne

Galicia é unha comunidade autónoma na que fai máis de 3.700 anos que se produce carne de vacún. Este é, por tanto, un produto agroalimentario con tradición e historia.
A carne comercializada como Ternera Gallega é exclusivamente de tenreiros nacidos, criados e sacrificados en Galicia, procedente de razas autóctonas e os seus cruces e que superaron un riguroso programa de control integral.
A alimentación dos bezerros baséase no leite materno primeiro e posteriormente no uso da forraxe natural propia da granxa e de forraxe producida exclusivamente con produtos de orixe vexetal - sobre todo cereais - previamente controlada e autorizada polo Consello Regulador.

TERRA DO CASTELO – viño

TERRA DO CASTELO – viño

Cubrindo unha área de 3.500 m2 esta adega é na denominación de orixe Ribeiro, garantir un excelente viño que combina a tradición dunha rexión histórica viño cos métodos de procesamento máis modernos.
Treixadura predominantemente uva en este viño tamén están presentes outras variedades típicas da rexión como Mencia, Torrontés ou Godello. Terra do Castelo ten capacidade para producir dous millóns de litros de viño, feito con coidado e profesionalidade.

TERRAS DA MARIÑA – faba de lourenzá, faba verdina e preparados en conserva

TERRAS DA MARIÑA – faba de lourenzá, faba verdina e preparados en conserva

Cultivada no microclima da mariña lucense, entre as terras do Val de Lourenzá e as costas de Barreiros, Ribadeo e Viveiro, pasando polos vales da morna montaña do Valadouro e da señorial Mondoñedo.
Mimadas no cultivo e na recolección á man, como tamén na súa selección e clasificación artesán, a nosa faba ofrece a quen a proba todo o amor e atención que os produtores lles dan.
A faba de Lourenzá é un produto excepcional que se distingue pola súa textura amanteigada e pel inapreciable de cor branca. A faba verdina, tamén coñecida como a faba do marisco, é un produto excepcional que se distingue pola súa textura amanteigada e pel inapreciable de cor verde.
O noso produto estrela da marca, e recién estreado no mercado, é de comida preparada en conserva. Un verdadeiro deleite para calquera padal esixente.

TORRE DE NÚÑEZ – xamón serrano

TORRE DE NÚÑEZ – xamón serrano

Somos unha empresa galega con 50 anos de dedicación á elaboración de xamón serrano e embutidos de calidade baseándonos no proceso tradicional e artesanal.
Dende os nosos inicios propuxémonos dous grandes retos:
O primeiro era conseguir un Xamón Serrano Superior, un xamón branco cunha excelente relación calidade prezo, sabor dulce e cun dos puntos de sal máis baixos do mercado. E o segundo, fabricar Embutido Supremo, ofrecer aos nosos clientes un embutido de calidade sen renunciar en ningún momento ao proceso produtivo tradicional e artesanal.
O estudo das características das diferentes razas levóunos á elección da Raza Duroc para frabricar os nosos xamóns e embutidos. A aplicación do noso saber facer fabril á súa sabrosa carne e boa infiltración graxa foi a nosa aposta para acadar este reto. A día de hoxe comprácenos dicir que alcanzamos o noso obxectivo e que tanto os nosos clientes como as múltiples certificacións recibidas o avalan.

VINIGALICIA – viño

VINIGALICIA – viño

Familia de tradición bodeguera con máis de 70 anos de experiencia no sector, traballando variedades de viños de tradición milenaria nacidos nunha terra onde a paisaxe se alía co clima e o coñecemento das nosas xentes para facer florecer o sabor que reflicte a maxia e o misterio de Galicia. Cunha orixe humilde, na actualidade contamos con viños e presenza en todas as D.O. galegas.