• SEUL

    SEUL

    25-28 OUTUBRO, 2017
    FOUR SEASONS HOTEL SEUL, KOREA DO SUR

  • MUMBAI

    MUMBAI

    30 NOV - 3 DEC, 2017
    THE TAJ MAHAL PALACE, MUMBAI, INDIA

  • ZURIC

    ZURIH

    ZURIC, 6 FEBREIRO, 2018
    BANANA CITY HOTEL, WINTERTHUR, SUIZA

  • COPENAGUE

    COPENAGUE

    COPENAGUE, 18-20 MARZO, 2018
    @ FOODEXPO FAIR

  • DÜSSELDORF

    DÜSSELDORF

    22 MAIO, 2018

  • NOVA IORK

    NOVA IORK

    NOVA IORK, XUÑO 24-26, 2018
    @ FANCY FOOD SHOW

  • SEUL

    SEUL

    25-28 OUTUBRO, 2017
    FOUR SEASONS HOTEL SEUL, KOREA DO SUR

  • MUMBAI

    MUMBAI

    30 NOV - 3 DEC, 2017
    THE TAJ MAHAL PALACE, MUMBAI, INDIA

  • ZURICH

    ZURIC

    ZURIC, 6 FEBREIRO, 2018
    BANANA CITY HOTEL, WINTERTHUR, SUIZA

  • COPENAGUE

    COPENAGUE

    COPENAGUE, 18-20 MARZO, 2018
    @ FOODEXPO FAIR

  • DÜSSELDORF

    DÜSSELDORF

    22 MAIO, 2018

  • NOVA IORK

    NOVA IORK

    NOVA IORK, XUÑO 24-26, 2018
    @ FANCY FOOD SHOW

Extravaganza Cocktails

Extravaganza Cocktails é un evento que non precisa ser comentado. Os cócteis teñen que ser experimentados.

Aínda que enigmáticos, os mellores bartenders Extravaganza son un fenómeno, coñecidos pola súa adicación sen remorsos a cócteis expertamente elaborados da era da pre-prohibición norteamericana.

Coñecida como a “Utopía do Orujo”, en Extravaganza Cocktails somos o instrumento conector do rexurdir da cultura cóctel co mundo e máis aló.

BARTENDER DAVID ORTIZ
Stars BARTENDER DAVID ORTIZ
David Ortiz, bartender vocacional, é un experto en poñer en valor ao noso esquecido Orujo.

David Ortiz, un dos referentes da coctelaría galaica, é bartender vocacional con gran talento, ademais de Bar Manager e propietario do Baobab bar en A Coruña dende 2005.

Como Bartender, capitaneando a barra do Baobab bar realiza unha coctelaría de corpus clásico, pero sempre impregnado das últimas tendencias e o máis importante, sempre respaldado polo favor do público.

Outra faceta de David Ortiz é a súa labor pedagóxica e divulgativa da cultura do cocktail, publicando libros, colaborando en prensa escrita, radio, impartindo cursos, charlas e ponencias nos máis destacados eventos de coctelaría de España, así como traballando para marcas destacadas de destilados.

BARTENDER MIGUEL ARBE
Stars BARTENDER MIGUEL ARBE
Miguel Arbe, de programador e deseñador web a nomeado e galardonado como innovador de bebidas e mixólogo.

Tras ter crecido rodeado de todos os sabores tradicionais da nosa terra, Miguel sempre se sentiu atraído por ser chef e o relacionado coa creatividade pero no canto diso converteuse en programador e deseñador web, que algo de creatividade esixe. Mais non moito despois viu a luz ao cambiar a pantalla do computador por un cóctel, unha cafetera e estar tras dunha barra. Estar con xente é moito mellor que estar cun computador e, crear novos grolos, mesturas e experiencias para a xente é moito máis enriquecedor.

Coa intención de expandir o seu coñecemento e aprender dos mellores, marchou a Londres hai máis de 11 anos onde comezou unha viaxe que lle levou de camareiro á súa posición actual de Xerente de Operacións en Ceviche e Andina, restaurantes e bares. No camiño paseo por Dubai, Xapón e España traballando ou estudando nalgúns dos bares máis innovadores como Left Bank Dubai, Ninetyeight Cocktail Bar, A13catorce…

Ese traballo constante e a procura de novidades viuse recompensado en varias competicións e nomeamentos como finalista nos Young British Foodies Awards e, recentemente, nomeado como Innovador do Ano pola prestixiosa revista Imbibe.