• SEUL

    SEUL

    25-28 OUTUBRO, 2017
    FOUR SEASONS HOTEL SEUL, KOREA DO SUR

  • MUMBAI

    MUMBAI

    30 NOV - 3 DEC, 2017
    THE TAJ MAHAL PALACE, MUMBAI, INDIA

  • ZURIC

    ZURIH

    ZURIC, 6 FEBREIRO, 2018
    BANANA CITY HOTEL, WINTERTHUR, SUIZA

  • COPENAGUE

    COPENAGUE

    COPENAGUE, 18-20 MARZO, 2018
    @ FOODEXPO FAIR

  • DÜSSELDORF

    DÜSSELDORF

    22 MAIO, 2018

  • NOVA IORK

    NOVA IORK

    NOVA IORK, XUÑO 24-26, 2018
    @ FANCY FOOD SHOW

  • SEUL

    SEUL

    25-28 OUTUBRO, 2017
    FOUR SEASONS HOTEL SEUL, KOREA DO SUR

  • MUMBAI

    MUMBAI

    30 NOV - 3 DEC, 2017
    THE TAJ MAHAL PALACE, MUMBAI, INDIA

  • ZURICH

    ZURIC

    ZURIC, 6 FEBREIRO, 2018
    BANANA CITY HOTEL, WINTERTHUR, SUIZA

  • COPENAGUE

    COPENAGUE

    COPENAGUE, 18-20 MARZO, 2018
    @ FOODEXPO FAIR

  • DÜSSELDORF

    DÜSSELDORF

    22 MAIO, 2018

  • NOVA IORK

    NOVA IORK

    NOVA IORK, XUÑO 24-26, 2018
    @ FANCY FOOD SHOW

Galicia: Mar e Terra
Galicia: Mar e Terra

A gastronomía é unha das principais atraccións turísticas de Galicia: as exquisiteces desta rexión están baseadas na excelencia e variedade das materias primas utilizadas na súa cociña. Os produtos da terra, sexan de explotacións agrícolas ou do mar, son únicos polas súas características e gran calidade. Outro dos piares da cociña galega é a profesionalidade dos seus expertos. Non en van os chef galegos se atopan en todo o mundo.

A relevancia da gastronomía autóctona maniféstase nas máis de 300 citas gastronómicas que se suceden en Galicia durante todo o ano. As orixes destas exaltacións dos produtos locais que tanto interese espertan nos visitantes, atópanse nas moitas festas tradicionais que coinciden en época de colleita ou ben en festivos relixiosos, como as romarías, nas que se honra aos santos patróns e deseguido toda a vila festexa a efeméride cunha enchente tradicional. Boa parte destas festas atraen grandes multitudes e son recoñecidas como de interese turístico nacional.

Mar. Galicia, cunha costa de 1.200 quilómetros e numerosos portos marítimos, é unha rexión onde o mar foi sempre vital, sendo a pesca unha das principais actividades dos seus habitantes. Hoxe en día, Vigo segue a ser o principal porto de pesca en Europa e as rías galegas as principais produtoras de mexillóns do mundo. O seu excepcional litoral, formado polos cantís máis altos de Europa, as augas plácidas das rías, e mais os ricos nutrientes atopados nesta parte do océano Atlántico, son o xerme dun ecosistema único que abastece os produtos culinarios máis requintados. Dende os percebes abaleados polas fortes ondas do Atlántico, as vieiras, centolas, nécoras, gambas, bois de mar e lagostas das rías, ata as ostras, mexillóns, berberechos, ameixas, o polbo, os chocos, linguados, a dourada vermella, sardiñas, sargos, robalizas e moitos outros tipos de peixes que poboan as augas de Galicia. Unha tradición secular, en definitiva, que dá en achegar aos mercados galegos a mellor variedade de peixes de augas profundas, coma o atún, a pescada, o bacallau, o escamudo e a deliciosa cabala. O resultado é a propia cociña de Galicia, receitas –sinxelas ou non- con produtos de calidade superior.

Terra. Se a costa galega é rica, o interior de Galicia non o é menos. Pementos coma os de Padrón ou Herbón, patacas de Bergantiños, grelos; pan de Carballo, de Cea, de millo... Froitos coma as castañas, noces, abelás ou améndoas; saborosos cogomelos, arandos, mel de bosque... Sen irmos máis lonxe, un dos pratos vexetais máis característicos, o caldo galego, está feito con feixón verde e branco, acelgas, fabas, repolo, grelos e patacas. Mesmo a carne é excepcional. A máis destacada é a de vaca, referendada co selo "Ternera galega" para garantir a súa calidade. É a utilizada para preparar receitas tales como o exquisito bisté de lombo, o caldeiro popular e mais o "cocido galego", feito con patacas e garavanzos. Porén, aquel que prefira a carne ben feita debe probar o boi galego, un produto que atravesou fronteiras e quedou incorporado á cociña doutras rexións españolas, como a do País Vasco. Outra especialidade moi galega é o cabrito asado, sempre presente nas mellores mesas e celebracións. Xa en canto ás aves se refire, Galicia ofrece o galo de granxa e, por suposto, o famoso capón, un galo de granxa castrado e coidadosamente criado e alimentado, típico do Nadal. En relación aos queixos, a meirande parte son preparados a partir de leite de vaca. Galicia conta con denominacións para os de Tetilla, Ulloa, San Simón e O Cebreiro. Os chourizos e salchichóns son asemade excepcionais. Os máis orixinais, a androlla e o botelo, que tras de afumárense, se cocen. O xamón cocido úsase para preparar o tradicional lacón con grelos. Ademais, outras partes do porco autóctono como o touciño, o morro e os pezuños utilízanse para facer guisos. Galicia tamén cultiva o seu propio viño e posúe cinco denominacións específicas. O máis famoso dos seus licores é o augardente, un destilado de alta graduación que se emprega para facer unha mestura propia coñecida como queimada. Tamén están o licor de café, o de cereixa e mais o de herbas, entre outros.

A empanada, outro produto galego ben coñecido, pode ter recheo de porco, carne, lombo, sardiñas, polbo, bacallau con pasas, bonito... case que todo. Á empanada é un dos pratos máis versátiles que existe, capaz de unir o interior de Galicia coa súa costa.