• SEUL

    SEUL

    25-28 OUTUBRO, 2017
    FOUR SEASONS HOTEL SEUL, KOREA DO SUR

  • MUMBAI

    MUMBAI

    30 NOV - 3 DEC, 2017
    THE TAJ MAHAL PALACE, MUMBAI, INDIA

  • ZURIC

    ZURIH

    ZURIC, 6 FEBREIRO, 2018
    BANANA CITY HOTEL, WINTERTHUR, SUIZA

  • COPENAGUE

    COPENAGUE

    COPENAGUE, 18-20 MARZO, 2018
    @ FOODEXPO FAIR

  • DÜSSELDORF

    DÜSSELDORF

    22 MAIO, 2018

  • NOVA IORK

    NOVA IORK

    NOVA IORK, XUÑO 24-26, 2018
    @ FANCY FOOD SHOW

  • SEUL

    SEUL

    25-28 OUTUBRO, 2017
    FOUR SEASONS HOTEL SEUL, KOREA DO SUR

  • MUMBAI

    MUMBAI

    30 NOV - 3 DEC, 2017
    THE TAJ MAHAL PALACE, MUMBAI, INDIA

  • ZURICH

    ZURIC

    ZURIC, 6 FEBREIRO, 2018
    BANANA CITY HOTEL, WINTERTHUR, SUIZA

  • COPENAGUE

    COPENAGUE

    COPENAGUE, 18-20 MARZO, 2018
    @ FOODEXPO FAIR

  • DÜSSELDORF

    DÜSSELDORF

    22 MAIO, 2018

  • NOVA IORK

    NOVA IORK

    NOVA IORK, XUÑO 24-26, 2018
    @ FANCY FOOD SHOW

ALIMENTURA – carne

ALIMENTURA – meat

A alta calidade dos produtos e unha ampla gama de produtos son, entre outros, por detrás do desenvolvemento dinámico da empresa eo seu bo condición económica. Grazas a focando no desenvolvemento de fortes relacións de colaboración con clientes nos sectores de xunto, polo miúdo e gastronómicos, actualidade liquidez financeira e dispoñibilidade continua de produtos, Alimentura é actualmente un dos principais exportadores de carne bovina. Noso coñecemento, habilidades, experiencia e, por riba de todo, a nosa paixón e amor a negociación traducir-se en alta calidade dos servizos ofrecidos por nós, é dicir, un alto nivel de servizo ao cliente.

BENBOA – receitas delicatessen

BENBOA – receitas delicatessen

Benboa é unha pequena empresa galega situada nun entorno privilexiado, no corazón dun parque natural en plena ría de Arousa e emplazada no que antiguamente fora unha fábrica de salazón no pobo mariñeiro de Corrubedo.
Un espacio rehabilitado no que atopar un viveiro de mariscos, un mercado de abastos tradicional, unha taberna restaurante donde saborear o mellor do noso mar e un pequeno obrador de conservas e pratos preparados.
Pasteles de marisco, polbo, arroces ou prebes que benboa elabora de forma completamente artesanal cos mellores peixes e mariscos procedentes da frota sustentable e descargados a diario nas lonxas galegas, utilizando ingredientes 100% naturais e da máxima frescura. Produtos cun mínimo procesado, sinxelos e saudables, de moi fácil preparación e cun elevado valor gastronómico.

BENITO SANTOS – viño

BENITO SANTOS – viño

Benito Santos era un home cun soño. Mentres traballaba as viñas de uva Albariño dos seus avós, imaxinou como algún día o mundo ía coñecer e apreciar esta nobre variedade de uva. Despois de anos de dedicación, funda a súa propia adega en 1979. Décadas máis tarde, Sucesores de Benito Santos segue a traballar coa mesma paixón e entusiasmo de outrora para ofrecer un viño honesto, fiel reflexo dun terroir único.

BODEGAS CAMPANTE – viño

BODEGAS CAMPANTE – viño

Dende Grupo Reboreda Morgadío e a través dos nosos viños, cremos e queremos condensar as excelencias, de natural patentes, nas nosas fértiles terras galegas.
Bodegas Campante, cunha historia de máis de 75 años, Finca Reboreda. Puga, Toén, Ourense é pioneira na D.O. …e ao igual que os grandes viños, permaneceu sempre fiel á súa esencia: ofrecer o mejor do Ribeiro.

CABANA DAS BOLBORETAS – viño

CABANA DAS BOLBORETAS – viño

CABANA DaS BOLBORETAS é o resultado de varias xeracións de viticultores poñendo todo o seu empeño e dedicación no coidado da viña con gran respecto polo medio natural.
Tomándonos as cousas con calma esperando día a día a que a uva alcanzase o grao de maduración óptimo para iniciar a súa recolección, sempre de forma manual, coidando que cada acio seleccionado cumprise coas condicións sanitarias e de maduración máximas.
Contamos cunhas instalacións equipadas con medios técnicos de última xeración para a elaboración e conservación do viño. Tratamos de poñer en valor a uva cultivada pola nosa familia en viñedos de máis de 30 anos con cepas mesmo centenarias nalgún deles. Nunha situación privilexiada a 20 km do océano atlántico cun clima e composición do chan particulares das Rías Baixas galegas. Estas condicións únicas unidas ao coidado durante todo o proceso de elaboración fan que se vexan reflectidas nas características dos nosos viños.

CARACOLES DELUQUE – caracois

CARACOLES DELUQUE – caracois

Caracoles Deluque é una empresa familiar localizada nun lugar privilexiado para a cría do caracol polas favorables condicións de humidade, choiva e vexatación. Adicámonos ao envasado do caracol cocido en euga e sal, sen aditivos nin conservantes. Unha carne pobre en graxas, rica en proteínas de alto valor violóxico e minerais. Un produto elaborado artesanalmente onde se selecciona un caracol de calidade, que conserva todo o seu sabor e as súas propiedades. Ideal para comer caracol en calquera época do ano.

EL NOGAL – froitos secos e froitas deshidratadas

EL NOGAL – froitos secos e froitas deshidratadas

El Nogal foi fundada no ano 1980 en Campo Lameiro (Pontevedra) e desde entón elabora unha selecta e ampla gama de froitos secos y froitas deshidratadas. Esta ampla gama unida á súa gran calidade, a súa estratexia comercial e a unha coidada imaxe, fan que El Nogal esté posicionada como unha das primeiras referencias no mercado dos froitos secos. A constante preocupación polas necesidades dos consumidores, así como unha rápida resposta aos clientes e aos fortes controis de calidade aos que someten aos nosos produtos, son desde a orixe os eixes estratéxicos desta empresa. En Frutos Secos El Nogal ofertamos unha ampla variedade de foitos secos con diversos envases e formatos para satisfacer as diferentes necesidades dos nosos clientes. Sen dúbida unha experiencia inigualable.

ELAS FOOD – empanadas de maíz e croquetas

ELAS FOOD – corn bread empanadas & croquettes

Entre bromas e risas, entre empanadas e croquetas, naceu este proxecto gastronómico que pretende achegar a outros lugares máis alexados de Galicia a esencia da cociña galega, esa cociña feita con amor e bo produto, como a que facían as nosas avoas. Todos os ingredientes das nosas receitas son de primeirísima calidade, e as elaboracións artesanais confiren a estas receitas un selo de identidade único que nos diferenza. Un dos segredos do éxito das nosas empanadas é a masa, a receita familiar e o amasado manual con rodillo.
Elas Food, adicado aos que teñen morriña e aos que a terán logo de probar estes produtos.

GONZÁLEZ JAMONES – xamón

GONZÁLEZ JAMONES – xamón

Jamones González é unha empresa familiar, fundada en 1923 por Manuel González Pérez e foi pasando de xeración en xeración ata hoxe. En Jamones González estamos dedicados á produción de produtos de carne de porco, curados e frescos. Os nosos produtos están caracterizados pola elaboración artesanal, ás veces seguindo receitas dos inicios da empresa, por curación tradicional no secado e almacenamento posterior na adega.
Temos a nosa propia granxa de porcos da raza Duroc, o que nos permite controlar o proceso de selección xenética, e o maior coidado en termos de alimentos, xa que a granxa está rexistrada no "Consello Regulador Lacón Gallego IGP (Indicación Xeográfica Protexida - IGP)" que supervisan a comida dos animais.
Ademais, empregamos técnicas avanzadas para o seu sacrificio, corte e cura, garantindo todo o ciclo de produción cunha alta calidade e seguridade.

MAGUS - San Simón Da Costa

MAGUS - San Simón Da Costa

Para saber a orixe do queixo temos que volver aos tempos das cidades castrexas que habitaban as montañas de Carba e Xistral. Na Idade Media, a importancia deste queixo estaba no seu gran valor, que foi utilizado como forma de pago de foros e décimos.
O seu distintivo sabor afumado tornouse na súa marca rexistrada, grazas á madeira que se utiliza a partir da árbore común da área: o bidueiro.
O queixo San Simón que sae do taller, elaborado coa súa receita tradicional, conseguiu ser recoñecido como un queixo de alta calidade en Galicia e máis aló das nosas fronteiras. O seu sabor e textura triunfa nos mercados aos que chega.

MARTIN CODAX – wine

MARTIN CODAX – wine

Martín Códax winery pledges its firm commitment to development and investigation managing different projects in Pé Redondo, our experimental vineyard. With them we try to go into the knowledge of albariño grape and to improve the quality of our products. Bodegas Martín Códax was founded in 1986 and was named after the most known Galician troubadour whose medieval poems, the oldest of Galician-Portuguese language, are preserved. In the poems, the troubadour sings to love and to the sea of our coastline. Since it’s founding, Bodegas Martín Códax has grown and developed; always supporting its people, its land and its culture. The culture is promoted in more than 40 countries over the world.
A project that started with the dream and efforts of a group of winegrowers is now a reality and it is this reality which has let Bodegas Martín Códax become a symbol of Galician wines inside or outside of our borders/country.

NOR-IBÉRICA DE BEBIDAS – augardentes, licores e cremas

NOR-IBÉRICA DE BEBIDAS – augardentes, licores e cremas

A nosa destilería Nor-Ibérica de Bebidas naceu en 2004 adicada exclusivamente a elaborar Augardentes, Licores e Cremas co “Orujo de Galicia” (I.G.P.) O obxectivo principal dende o principio é ofrecer aos nosos clientes un produto de alta calidade feito coa máxima adicación. Tal e como facían os nosos ancestros, baseámonos nun coidado proceso de destilación para obter o Orujo que dá forma a todos os nosos licores. Unha ampla variedade de deliciosos sabores, do modo tradicional.

PACO LA FUENTE – conservas de gran calidade

PACO LA FUENTE – conservas de gran calidade

Desde 1904, Conservera Gallega. S.A., é unha empresa familiar cuxo obxectivo é ofrecer un produto de alta calidade destinado aos mellores establecementos de alimentación; a selección da mellor materia prima nas lonxas galegas e o artesanal proceso de elaboración permítenos ofrecer un produto de alta calidade.
Desde o mesmo instante en que abrimos unha lata de Paco Lafuente atopámonos cun produto cuxa presentación e calidade satisfai o padal máis esixente.

PAZO PEGULLAL – viño e aceite

PAZO PEGULLAL – viño e aceite

Os viñedos de Pazo Pegullal atópanse en Salceda de Caselas (Pontevedra) rodeando o Pazo do mesmo nome, construído no século XVIII. Unha das caracteristicas que diferencian o noso viño son os seus aromas que proveñen dos kiwis que tamén cultivamos na mesma finca. Coidamos as nosas uvas todo o ano e recollemos os mellores racimos a man para obter un Albariño moi untuoso, e cunha sutileza de acidez. A ubicación do viñedo, nunha soleada ladeira, fai que a uva madure uniformemente sen perder ningún dos seus aromas.
A plantación de olivares en extensivo de El Olivar d'Pegullal está situada no Concello de Tomiño e ten unha extensión de 7 hectáreas de once anos de antigüidade de variedade arbequina. É das poucas plantacións de olivo que hai en Galicia, e dela obtense un aceite moi denso con aromas a herbas frescas, plátano e mazá, sen ter matices picantes. Con almazara propia, situada no Pazo Pegullal, o noso aceite obtense da primeira presión en frío por medio dun método tradicional.

QUINTA COUSELO – viño

QUINTA COUSELO – viño

Quinta de Couselo e unha heredad vinculada o monasterio cistersiense de Santa María de Oia, no que se elaboran viños desde 1864. Pertence a subzona do Rosal, situada o sur da DO Rías Baixas. Posee oito hectáreas de viñedo. Os seus viños se elaboran principalmente coa variedade Albariño, combinada de forma tradicional coa Loureira e o Caíño blanco.

TERNERA GALLEGA – carne

TERNERA GALLEGA – carne

Galicia é unha comunidade autónoma na que fai máis de 3.700 anos que se produce carne de vacún. Este é, por tanto, un produto agroalimentario con tradición e historia.
A carne comercializada como Ternera Gallega é exclusivamente de tenreiros nacidos, criados e sacrificados en Galicia, procedente de razas autóctonas e os seus cruces e que superaron un riguroso programa de control integral.
A alimentación dos bezerros baséase no leite materno primeiro e posteriormente no uso da forraxe natural propia da granxa e de forraxe producida exclusivamente con produtos de orixe vexetal - sobre todo cereais - previamente controlada e autorizada polo Consello Regulador.

TERRAS DE BARONCELI – variedade de marmeladas, meles e patés orgánicos

TERRAS DE BARONCELI – variedade de marmeladas, meles e patés orgánicos

Terra de Baronceli é un complexo gastronómico natural, tenda e fábrica de conservas, situado no Val de Monterrei, Verín provincia de Ourense. Esta comarca é un importante centro de produción agrícola, baseada fundamentalmente en técnicas tradicionais de cultivo e, grazas á súa peculiar climatoloxía podemos atopar especies mediterráneas tales como viñedos, oliveiras e laranxeiras. Terra de Baronceli, consciente de toda esta riqueza, e da demanda da sociedade por alimentos sans e seguros, ofrece aos seus clientes os mellores produtos vexetais de Galicia, combinando cultura culinaria, a través de receitas ancestrais, o saber artesán, coa máis avanzada tecnoloxía da industria conserveira.

TERRA DO CASTELO – viño

TERRA DO CASTELO – viño

Cubrindo unha área de 3.500 m2 esta adega é na denominación de orixe Ribeiro, garantir un excelente viño que combina a tradición dunha rexión histórica viño cos métodos de procesamento máis modernos.
Treixadura predominantemente uva en este viño tamén están presentes outras variedades típicas da rexión como Mencia, Torrontés ou Godello. Terra do Castelo ten capacidade para producir dous millóns de litros de viño, feito con coidado e profesionalidade.

TERRAS DA MARIÑA – faba de lourenzá, faba verdina e preparados en conserva

TERRAS DA MARIÑA – faba de lourenzá, faba verdina e preparados en conserva

Cultivada no microclima da mariña lucense, entre as terras do Val de Lourenzá e as costas de Barreiros, Ribadeo e Viveiro, pasando polos vales da morna montaña do Valadouro e da señorial Mondoñedo.
Mimadas no cultivo e na recolección á man, como tamén na súa selección e clasificación artesán, a nosa faba ofrece a quen a proba todo o amor e atención que os produtores lles dan.
A faba de Lourenzá é un produto excepcional que se distingue pola súa textura amanteigada e pel inapreciable de cor branca. A faba verdina, tamén coñecida como a faba do marisco, é un produto excepcional que se distingue pola súa textura amanteigada e pel inapreciable de cor verde.
O noso produto estrela da marca, e recién estreado no mercado, é de comida preparada en conserva. Un verdadeiro deleite para calquera padal esixente.

TORRE DE NÚÑEZ – xamón serrano

TORRE DE NÚÑEZ – xamón serrano

Somos unha empresa galega con 50 anos de dedicación á elaboración de xamón serrano e embutidos de calidade baseándonos no proceso tradicional e artesanal.
Dende os nosos inicios propuxémonos dous grandes retos:
O primeiro era conseguir un Xamón Serrano Superior, un xamón branco cunha excelente relación calidade prezo, sabor dulce e cun dos puntos de sal máis baixos do mercado. E o segundo, fabricar Embutido Supremo, ofrecer aos nosos clientes un embutido de calidade sen renunciar en ningún momento ao proceso produtivo tradicional e artesanal.
O estudo das características das diferentes razas levóunos á elección da Raza Duroc para frabricar os nosos xamóns e embutidos. A aplicación do noso saber facer fabril á súa sabrosa carne e boa infiltración graxa foi a nosa aposta para acadar este reto. A día de hoxe comprácenos dicir que alcanzamos o noso obxectivo e que tanto os nosos clientes como as múltiples certificacións recibidas o avalan.