• SEUL

    SEUL

    25-28 OUTUBRO, 2017
    FOUR SEASONS HOTEL SEUL, KOREA DO SUR

  • MUMBAI

    MUMBAI

    30 NOV - 3 DEC, 2017
    THE TAJ MAHAL PALACE, MUMBAI, INDIA

  • ZURIC

    ZURIH

    ZURIC, 6 FEBREIRO, 2018
    BANANA CITY HOTEL, WINTERTHUR, SUIZA

  • COPENAGUE

    COPENAGUE

    COPENAGUE, 18-20 MARZO, 2018
    @ FOODEXPO FAIR

  • DÜSSELDORF

    DÜSSELDORF

    22 MAIO, 2018

  • NOVA IORK

    NOVA IORK

    NOVA IORK, XUÑO 24-26, 2018
    @ FANCY FOOD SHOW

  • SEUL

    SEUL

    25-28 OUTUBRO, 2017
    FOUR SEASONS HOTEL SEUL, KOREA DO SUR

  • MUMBAI

    MUMBAI

    30 NOV - 3 DEC, 2017
    THE TAJ MAHAL PALACE, MUMBAI, INDIA

  • ZURICH

    ZURIC

    ZURIC, 6 FEBREIRO, 2018
    BANANA CITY HOTEL, WINTERTHUR, SUIZA

  • COPENAGUE

    COPENAGUE

    COPENAGUE, 18-20 MARZO, 2018
    @ FOODEXPO FAIR

  • DÜSSELDORF

    DÜSSELDORF

    22 MAIO, 2018

  • NOVA IORK

    NOVA IORK

    NOVA IORK, XUÑO 24-26, 2018
    @ FANCY FOOD SHOW

Extravaganza Wine Tasting
Extravaganza Wine Tasting

Extravaganza Wine Tasting é un paseo único polos viños máis requintados e emblemáticos de Galicia, feito da man dos enólogos máis talentosos. A singular listaxe foi seleccionada por Luís Paadín e o seu equipo. A degustación é un evento exclusivo para profesionais e mais expertos que poderán explorar e degustar máis de 40 mostras de calidade excepcional.

Os Wine Tasting incluídos no SPANISH GOURMET EXTRAVAGANZA son catas específicas de viños emblemáticos galegos creados por enólogos de renome mundial; perfectos para maridaren con menús inesquecibles.

As degustacións Extravaganza Wine Tasting repetiranse en todas as grandes capitais que teñen previsto percorrer os produtos gourmet da alta gastronomía galega.

SUMILLER LUIS PAADÍN
Stars SUMILLER LUIS PAADÍN 
Vinte anos de dedicación profesional fan de Luis Paadín un coñecido e reputado experto en viños.

Luis Paadín defínese coma un “divulgador de viños”. Pero é moito máis. De entrada, o seu espírito emprendedor levouno a abrir a primeira Vinoteca da Coruña, a dirixir o Salón dos Viños e Augardentes de Galicia e mais a crear a "Guía de viños, licores e bodegas de Galicia"; mellor libro de España na categoría de "Best Wine Tourism Book" e considerado un dos cinco mellores do mundo polo Gourmand Wine Books Awards 2013. É, por riba, socio-fundador de Gallaecia, membro da AEPEV e da FIJEV.

A súa habelencia fixo del catador de concursos internacionais como o Citadelles du Vin, Concours Mondial Bruxelles, Tastevinage de Bourgone, Top Ten Portugal ou CINVE, entre outros. Foi ademais o primeiro Campión Nacional do Concurso Europeo de Embaixadores do Champagne.
Posúe un máster en Viticultura e Enoloxía pola Universidade de Vigo. Pertence á revista Cepas e Viños, e asemade exerce de colaborador semanal en Radio Coruña (Cadena Ser) e Radio Voz. Na actualidade combina o ensino na hostalaría coa promoción de bodegas e eventos do viño e mais a gastronomía. Defínese como un divulgador de viños.